Contido coa etiqueta .
Xuízo Alvia

2024: o ano da quinta maioría absoluta do PP, da sentenza do Alvia e do xuízo de Samuel
31/12/2024 08:00
A violencia machista cobrou cinco vítimas, nun ano con decenas de paralizacións de parques eólicos e Altri no foco do debate político

O xulgado admite a trámite os 60 recursos presentados contra a sentenza do Alvia
03/12/2024 14:43
Dos 60 recursos de apelación, sinala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na información trasladada á prensa, a maioría -52- foron presentados polos representantes das vítimas ou dos seus familiares, case todos en relación á parte civil da sentenza
Na providencia, a titular do Xulgado do Penal número dous de Compostela concede ás partes un prazo de trinta días hábiles para contestar os recursos que lles interesen, os cales serán resoltos pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na capital galega

O avogado do maquinista do Alvia recorrerá o ditame para evitar que entre en prisión
27/07/2024 20:12
Critica que non se lle aplicaran como atenuantes a dilación indebida do ditame, a reparación do dano e a petición de perdón ás vítimas
O letrado considera que a responsabilidade do condutor do tren e a do exdirector de Adif non son equiparables

Esta semana cúmprense once anos do accidente do Alvia en Angrois
21/07/2024 13:22
Case un ano despois do xuízo, aínda non saíu a sentenza
Tampouco se fixo a investigación independente reclamada por Bruxelas
.png)
As vítimas do Alvia piden ao Supremo unha nova investigación "imparcial e obxectiva"
21/11/2023 12:32
A avogada do Estado, Pilar Cancer, solicitou á sala que desestime as pretensións das vítimas alegando que a CIAF cumpre cos estándares europeos de independencia a pesar de estar adscrita a Transportes

Implantan o sistema de seguridade ERTMS na vía de tren Santiago-Ourense
11/08/2023 17:07
Responsables de Adif decidiran suprimilo meses antes do descarrilamento do Alvia en Angrois
Para poñelo en marcha serán necesarias probas do 21 ao 29 de agosto, e os pasaxeiros terán que facer algúns treitos en autobús

Remata o xuízo do Alvia: Cortabitarte e Garzón renuncian á última palabra
27/07/2023 10:29
O avogado do maquinista di que Garzón "é unha vítima máis" do Alvia
A defensa de Cortabitarte: "Todo se fixo ben, excepto a conduta do maquinista"
Familiares das vítimas concéntranse ante a Cidade da Cultura e esixen xustiza
A sentenza non chegará ata a primavera de 2024

As vítimas do Alvia critican que o fiscal retirara os cargos contra Cortabitarte
01/07/2023 14:43
Manteñen as súas acusacións contra o ex-xefe de seguridade do Adif
Acusan a Fiscalía Xeral do Estado de influír na rectificación do fiscal
Confían en que a xuíza atenda as peritaxes independentes

O avogado dunha vítima: "O maquinista é o último elo dunha cadea de deficiencias"
27/06/2023 08:25
Manteñen a acusación contra o maquinista e tamén contra o xefe de seguridade de Adif, que retirou a fiscalía

23/06/2023 19:37
Álvaro García Ortiz defende que non houbo ningunha "inxerencia" da Fiscalía Xeral no xuízo do caso Alvia

Os argumentos da Fiscalía para non acusar a Cortabitarte non convencen as vítimas
21/06/2023 14:30
A plataforma das vítimas do Alvia publica un duro comunicado en que acusa o Goberno de estar detrás do cambio de criterio do fiscal do xuízo
Aseguran que non hai motivos para ese cambio e que só obedece a unha manobra política
O venres concentráranse en Madrid en protesta pola decisión

O fiscal di que a chamada telefónica foi "a causa directa" do accidente de Angrois
21/06/2023 08:41
O Ministerio Fiscal sostén que o exalto cargo do Adif "non defraudou" a norma de seguridade e que o seu traballo axústase ao seu deber no medio "dun galimatías xurídico"
Os argumentos da Fiscalía para non acusar a Cortabitarte non convencen ás vítimas

O fiscal retira a acusación contra o exdirector de seguridade do Adif
20/06/2023 10:35
Os representantes das vítimas expresan a súa sorpresa e indignación polo cambio de criterio do Ministerio Fiscal

O presidente do TSXG prevé que a sentenza do Alvia estea lista este ano
21/05/2023 20:02
As sesións do xuízo rematarán o próximo 27 de xullo tras varios meses de traballo
José María Gómez cre que é prioritaria a implantación de xulgados especializados en violencia de xénero en todas as cidades

A xuíza do caso Alvia ás vítimas: "Entendo perfectamente o seu sufrimento"
12/04/2023 19:00
A maxistrada fixo esta declaración tras escoitar os testemuños de varias vítimas que reclaman "verdade, xustiza e reparación"

O presidente da plataforma de vítimas do Alvia di que non parou de buscar explicacións
11/04/2023 14:25
Jesús Domínguez declarou no xuízo como testemuña e dixo que entende que o accidente era evitable
"Empezas a ver unha serie de cousas que tamén che xeran rabia, dor e angustia porque non o entendes", afirmou

Pai dun falecido no Alvia: "A loita por saber a verdade é o que me sacou adiante"
30/03/2023 19:00
Prosegue a fase civil do xuízo para fixar as indemnizacións ás vítimas

Xuízo do Alvia: "O que me axuda é loitar pola xustiza e irllo contar ao meu fillo ao cemiterio"
30/03/2023 14:42
Os familiares das vítimas do Alvia poñen en valor no xuízo os dez anos de reivindicacións da plataforma

As aseguradoras tentan cuestionar algunhas secuelas dos feridos no accidente do Alvia
29/03/2023 14:24
Os peritos que testifican a petición do seguro do ADIF desvinculan do sinistro a orixe ou a evolución dalgunhas doenzas das vítimas
O especialista que atendeu unha ferida grave que precisou 5 operacións recalca o dano moral que supoñen as intervencións reiteradas

Familiares das vítimas do Alvia reclaman xustiza para poder pechar o dó
28/03/2023 17:40
Láianse da falta de transparencia e do trato recibido por empresas e Administración tras o accidente

"No o viviu porque perdeu o coñecemento, e agora di como é posible vivir despois disto"
23/03/2023 14:43
As vítimas do accidente do Alvia seguen relatando no xuízo como foi o impacto e o seu proceso de recuperación
Peritos dunha e outra parte puntualizan as coincidencias e discrepancias sobre a evolución e as secuelas en cada caso

Vítimas do Alvia denuncian demoras de case dez anos para lograr unha valoración definitiva
21/03/2023 14:34
Din que as valoracións provisionais non lles permiten organizarse a longo prazo
O que lles resulta especialmente complicado é poder planificar o investimento en rehabilitación de persoas aínda moi novas con secuelas moi graves

Avogados das vítimas e das aseguradoras seguen confrontando os peritos no xuízo do Alvia
16/03/2023 14:37
A sesión deste xoves centrouse sobre todo nos criterios de avaliación psicolóxica
A maxistrada limitou o debate dos letrados, pero admitiu todas as achegas dos especialistas sobre a depresión e o estrés postraumático

Os forenses explican as secuelas causadas polo sinistro do Alvia que se manteñen no tempo
28/02/2023 14:19
Os médicos forenses ratifican os informes sobre as vítimas do accidente de Angrois
As vítimas reclaman máis de 57 millóns de euros en materia de responsabilidade civil

A xuíza do Alvia censura a defensa das aseguradoras por usar datos das redes sociais das vítimas
22/02/2023 14:37
O letrado alegou que era información de acceso público

21/02/2023 14:34
Os afectados apelan no xuízo ao Estatuto da vítima para denunciar dano moral por revitimización polas obstrucións de organismos oficiais na investigación

O voceiro da plataforma das vítimas do Alvia di que non hai reparación posible
18/02/2023 14:16
Jesús Domínguez admite que o testemuño das vítimas no xuízo é a fase máis dolorosa
Confía en que se castigue os culpables para que non volva suceder

Jesús Domínguez: "Todo iso ten unhas responsabilidades políticas e as vítimas somos incómodas"
17/02/2023 10:49
"Están sendo días moi duros, pero tamén forma parte da participación activa das vítimas e por iso estamos declarando", di o presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia, tras as primeiras declaracións na fase civil do xuízo

"Ninguén está curado, outra cousa é que queiramos tirar para diante", di unha vítima do Alvia
16/02/2023 14:04
Continúan as comparecencias dos afectados do accidente do xuízo do Alvia
Case dez anos despois, as feridas das vítimas seguen abertas

Os sobreviventes do accidente do Alvia sentían que morrían entre po e entullos
15/02/2023 14:33
Na segunda sesión da fase de responsabilidade civil do xuízo polo accidente de Angrois as testemuñas rememoran o seu pesadelo
As secuelas físicas e psíquicas impídenlles recuperar a súa vida anterior

As vítimas do Alvia reviven o accidente e narran as secuelas físicas e psicolóxicas que lles deixou
14/02/2023 19:10
Primeiras declaracións na fase civil do xuízo que fixará as indemnizacións
Vítimas e familiares reclaman 58 millóns de euros

As vítimas do Alvia emocionan cos seus testemuños no inicio da fase civil do xuízo
14/02/2023 15:04
"Subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade, e baixei sendo unha persoa enferma", di unha pasaxeira que ía no Alvia o día do accidente
"Calquera cantidade que me poida corresponder en ningún momento vai suplir a saúde que eu tiña", di unha moza que viaxaba a Ferrol

Familiares das vítimas e feridos comezarán a declarar este martes no xuízo do Alvia
13/02/2023 19:33
Non será ata xuño cando a maxistrada deixe o caso visto para sentenza

Remata a fase penal do xuízo do Alvia e a semana próxima comeza a fase civil
08/02/2023 20:22
A perita Pilar Calvo, especialista en factor humano no transporte, descarga no Adif toda a responsabilidade do acontecido

Experta en factor humano di que o Adif tiña identificado o risco tras desprotexer a curva
08/02/2023 09:23
O seu testemuño pon fin á parte estritamente penal da vista oral do xuízo polo accidente do Alvia

O perito da defensa do maquinista do Alvia considera "inxustificada" a desconexión do ERTMS
02/02/2023 08:30
Miguel Yunquera rebateu no xuízo os argumentos cos que o ADIF exculpa a súa responsabilidade
Mantén que a liña de Alta Velocidade si cambiou o trazado da curva da Grandeira
Considera que a normativa xa permitía poñer as mesmas balizas que se colocaron despois do accidente

Xuízo do Alvia: o Adif expón que Renfe debía evitar que se molestase o maquinista
01/02/2023 08:41
A actual directora xeral de seguridade do Adif apunta directamente á responsabilidade da operadora ferroviaria

O perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente do Alvia a desatención do maquinista
31/01/2023 15:14
Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo
Di que a contención do risco da infraestrutura se fai rebaixando moito o límite de velocidade que se pon no cadro dos maquinistas

Un perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente a desatención do maquinista
31/01/2023 08:21
Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo
Di que a contención do risco da infraestrutura se fai rebaixando moito o límite de velocidade que se pon no cadro dos maquinistas
.png)
O informe "non achega nada" para esclarecer o sinistro, dille a xuíza a un perito do Adif
25/01/2023 09:04
A maxistrada díxolle ao avogado das vítimas que vía "un tanto inútil" o interrogatorio e que "non é cuestión de estar por estar"
Ismael Martín Maldonado, membro da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, admitiu que o estudo se elaborou por mor do "balbordo na prensa"